Adega denuncia que a Xunta levará o marisco contaminado a zonas Rede Natura
O colectivo ecoloxista Adega denunciou que a Xunta levará o marisco contaminado, procedente das zonas C, á ría de Ferrol e a enseada de Aldán, ambas na Rede Natura pola excepcionalidade
O colectivo ecoloxista Adega denunciou que a Xunta levará o marisco contaminado, procedente das zonas C, á ría de Ferrol e a enseada de Aldán, ambas na Rede Natura pola excepcionalidade do seu medio mariño.
Os ecoloxistas resaltan nun comunicado que é o marisco para a súa descontaminación natural que a empresa Pescanova non quixo fronte á piscifactoría de Morás, e conseguiu que a Xunta mudase de lugar cando xa fora decidida aquela localización e publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Para a Adega, trátase doutro episodio de 'chantaxe corporativa' e 'submisión dunha administración aos intereses empresariais' e pregúntase se non sería mellor que a Xunta sanease as rías 'en lugar de andar mareando o marisco tóxico'.
Despois de lembrar que a maior parte dos polígonos marisqueiros galegos están considerados zonas 'C', non aptas para a comercialización directa, explica que o marisco que se extrae deles se sitúa nunhas instalacións flotantes en zonas limpas para a súa depuración natural.
O plan pretende depurar unhas 450 toneladas de moluscos con elevada contaminación fecal ao ano e a Xunta decidiu en xullo que se situasen en Morás (Lugo), mais en agosto o Executivo atendeu a reclamación da Pescanova, que dispón na zona dunha planta de rodaballo, e decidiu novas situacións, sinala a nota.
Estas son a zona exterior da ría de Ferrol e o polígono Cangas-A, en Aldán, que sons consideradas 'aptas para colocar a batea de reinstalación', aínda que os ecoloxistas agregan que se decidiu 'sen dispor de estudos científicos obxectivos e independentes sobre a efectividade deste tipo de prácticas e as posíbeis repercusións nos ecosistemas mariños'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)