A Xunta avanza na tramitación do gasoduto Sanxenxo-O Grove, que beneficiará a 34.000 usuarios
O Goberno galego declarou o gasoduto Sanxenxo-O Grove de incidencia supramunicipal para avanzar na tramitación dunha infraestrutura que subministrará gas natural aos concellos de Sanxenxo,
O Goberno galego declarou o gasoduto Sanxenxo-O Grove de incidencia supramunicipal para avanzar na tramitación dunha infraestrutura que subministrará gas natural aos concellos de Sanxenxo, Meaño e O Grove, beneficiando a máis de 34.000 usuarios. Anunciouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que explicou que o desenvolvemento desta infraestrutura suporá unha inversión de case 9 millóns de euros na mellora da suministración enerxética da zona.
O gasoduto de transporte secundario contará cunha lonxitude de 36,3 quilómetros e achegará a subministración de gas natural a tres termos municipais.
Na súa intervención, Feijóo destacou que os apoios da Xunta permitiron unha mobilización de investimentos para a penetración do gas natural na Comunidade de máis de 70 millóns de euros na lexislatura.
Estes investimentos deron lugar a que, actualmente, o 64 por cento da poboación galega poida ter acceso ao gas natural, unhas cifras que poderán aumentar ata o 76 por cento na lexislatura.
OUTRAS INFRAESTRUTURAS
Por outra banda, o Goberno galego deu luz verde á prevalencia da utilidade pública do proxecto de liña de alta tensión de interconexión das subestacións de Ponte Caldelas e A Reigosa, en Pontevedra.
Así mesmo, aprobou a colaboración técnica e económica entre a Xunta e o Concello de Barbadás, en Ourense, co fin de realizar a obra de mellora do firme na antiga OU-540 ao seu paso polo devandito municipio. O tramo é actualmente de titularidad municipal.
Para efectuar esta mellora, a Xunta achegará 231.274 euros. Os traballos consistirán na optimización da capa de rodadura da estrada e levaranse a cabo ao longo deste ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)