A primeira lei do taxi galega limitará as licenzas e permitirá traballar en varios concellos
Prevé a posibilidade de interconectar os sistemas de radiotaxi, o que permitirá dispoñer dun único número de chamada para toda Galicia A primeira lei do taxi galega permitirá aos
Prevé a posibilidade de interconectar os sistemas de radiotaxi, o que permitirá dispoñer dun único número de chamada para toda Galicia A primeira lei do taxi galega permitirá aos profesionais do sector prestar os seus servizos de transporte en varios municipios se cumpren unha serie de requisitos e limitará o número de licenzas vixentes. O parámetro 'xeral', segundo o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, será o dunha licenza taxi por cada mil habitantes.
Con todo, a norma prevé que nas cidades con máis de 150.000 veciños - Vigo e A Coruña- será dun taxi por cada 900 habitantes. Así mesmo, nos concellos cunha poboación igual ou inferior a 20.000 habitantes, estipúlase unha licenza de taxi por cada 1.500 habitantes, cun mínimo de dous por municipio.
Avanzouno o presidente da Xunta, ao termo da reunión semanal do seu Executivo, que deu luz verde a esta normativa, que Feijóo cualificou de 'novidosa e necesaria' para dar 'seguridade xurídica' a un sector con 4.000 traballadores na comunidade e que xera un 'impacto' na economía galega de 160 millóns de euros.
Ademais, existen en Galicia 138 vehículos dedicados á actividade de arrendamento con condutor e xestionados por 18 empresas.
Na nova norma, ademais de dar 'seguridade xurídica' ao sector ao 'harmonizar' os requisitos para recibir unha licenza e 'limitar' o seu número, incorpóranse outras novidades como a posibilidade de traballar, de forma 'voluntaria', en áreas de prestación conxunta. Para poder facelo, necesitarase un informe favorable 'dos dous terzos' dos concellos que a integren e que esta porcentaxe sexa equivalente, polo menos, ao 75 por cento da poboación da área.
Ademais, a nova lei propón habilitar un único número de radiotaxi para toda Galicia e buscar 'unha única imaxe de calidade' na comunidade. Esta imaxe 'única e recoñecible' tería 'bos' efectos para os propios taxistas e os usuarios do servizo, a xuízo do xefe do Executivo autonómico.
'MELLORAR A ACCESIBILIDADE'
Do mesmo modo, o texto lexislativo aspira a 'mellorar a accesibilidade' persoas con mobilidade reducida ou que sofren algún tipo de minusvalidez.
'Deberán dar servizo preferente ás persoas con mobilidade reducida e prevese a implantación progresiva de taxímetros que emitan sinais perceptibles por persoas con minusvalideces visuais e auditivas', concretou o presidente.
Tras resaltar as súas vantaxes, o presidente incidiu no 'consenso' do que nace esta normativa. Dende a súa entrada en vigor, os concellos terán un prazo dun ano para adaptar os seus ordenanzas municipais, na medida do necesario, á nova lei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)