A Policía pide colaboración para identificar un cadáver apareceu no río Miño
-SUCESOS LUGO
A Policía solicitou a colaboración dos veciños de Lugo para identificar un cadáver que apareceu nas inmediacións do río Miño, ao seu paso por esta cidade, porque as
A Policía solicitou a colaboración dos veciños de Lugo para identificar un cadáver que apareceu nas inmediacións do río Miño, ao seu paso por esta cidade, porque as investigacións realizadas aínda non permitiron verificar a identidade do falecido.
Segundo informou a propia comisaría nun comunicado, o corpo, achado no pasado día 14 de marzo, pertence a un home de entre 40 e 55 anos, de 173 centímetros de estatura, pel branca, complexión normal, cabelo curto e crecho, ollos castaños, beizos finos e barba de poucos días.
As investigacións realizadas pola Policía permitiron determinar que esta persoa foi vista en varias ocasións nun estabelecemento de hostalaría da localidade de Oviedo e 'tamén cabe a posibilidade de que se movese polas zonas de Vigo e Pontevedra', di a nota policial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)