A Garda Civil investiga a morte dunha muller, o corpo da cal foi achado no seu domicilio en Burela (Lugo)
SUCESOS
A Guadia Civil investiga a morte dunha muller de nacionalidade dominicana o corpo da cal foi achado no seu domicilio sen signos aparentes de violencia, polo que está á espera dos resultados da
A Guadia Civil investiga a morte dunha muller de nacionalidade dominicana o corpo da cal foi achado no seu domicilio sen signos aparentes de violencia, polo que está á espera dos resultados da autopsia.
Pola súa banda, o alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, manifestou que sabían 'que parece ser que tiña problemas coa súa parella'.
Tras poñer de manifesto que se decatou da morte o luns pola tarde a través 'da chamada dun particular', dixo que 'ultimamente as discusións -entre a parella- foron a máis'.
Para esclarecer as causas da morte ordenouse a autopsia do corpo da muller no novo hospital de Lugo. 'Parece que pode haber malos tratos', estimou o alcalde, tras o que insistiu en que descoñece 'as causas da morte'.
Pola súa banda, fontes da investigación confirmaron que o cadáver foi descuberto na vivenda da muller o luns, nun piso da rúa Castelao de Burela.
Ademais, as mesmas fontes da investigación precisaron que veciños da muller falecida testificaran que había dous días que non a vían.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)