A CIG denuncia 'persecución e represión' no Consorcio para 'impedir' as mobilizacións dos traballadores
A CIG denunciou este martes que o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e o Benestar está a recorrer á 'persecución e a represión' para 'impedir' as mobilizacións nos seus centros
A CIG denunciou este martes que o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e o Benestar está a recorrer á 'persecución e a represión' para 'impedir' as mobilizacións nos seus centros de traballo. A través dun comunicado, a central nacionalista fixo fincapé en que ameazar o Consorcio 'se atreve a e reprimir' aos empregados, aos que se advirte de que 'se ateñan ás consecuencias' se participan nas accións previstas. 'Non lle chega con desprezalos someténdoos a unhas condicións de traballo e a unhas retribucións indignas', censurou.
Tras referirse así a que 'máis de 1.500 traballadores están sen convenio e teñen en perigo o seu posto de traballo nun servizo que o Consorcio pretende privatizar', a CIG incidiu en que este departamento tamén 'pretende impedir en exercicio do dereito a reunión e a manifestación con circulares e chamadas que pretenden amedrentar'.
'Estamos ante unha actitude de obstrución ao traballo sindical e que conculca os dereitos dos traballadores', insistiu o sindicato, ao obxecto de 'denunciar publicamente a actitude persecutoria e conculcadora de dereitos laborais' da dirección do Consorcio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)