Dez exdrogodependentes participan nos traballos de vendima no Pazo de Baión
Dez exdrogodependentes en proceso de rehabilitación socio-laboral participan nos traballos de vendima que a adega Condes de Albarei iniciou este venres no Pazo de Baión, no marco dun convenio
Dez exdrogodependentes en proceso de rehabilitación socio-laboral participan nos traballos de vendima que a adega Condes de Albarei iniciou este venres no Pazo de Baión, no marco dun convenio entre o Plan Nacional sobre Drogas, a Consellería de Sanidade e a adega galega. Así o explicou Condes de Albarei nun comunicado, no que detallou que a selección destes traballadores se realizou de común acordo entre a Consellería de Sanidade e a propia empresa.
En concreto, utilizáronse criterios 'totalmente obxectivos' como a evolución e estabilidade no seu tratamento, a adecuación aos requisitos que supón o posto de traballo, así como non ser consumidores de drogas en activo, explicou Condes de Albarei.
Ademais desta iniciativa, a cooperativa con sede en Cambados explicou que doou 18.675 euros -o 5 por cento dos ingresos que xera a explotación- para axudas á prevención e atención a drogodependentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)