BMW e PSA Peugeot-Citroën crean unha 'joint venture' para desenvolver sistemas híbridos
MOTOR
Os grupos automobilísticos PSA Peugeot-Citroën e BMW constituíron unha sociedade conxunta, participada o 50% por cada empresa e denominada BMW Peugeot Citroën Electrification, co
Os grupos automobilísticos PSA Peugeot-Citroën e BMW constituíron unha sociedade conxunta, participada o 50% por cada empresa e denominada BMW Peugeot Citroën Electrification, co obxectivo de intensificar a súa cooperación no desenvolvemento de sistemas híbridos para os vehículos. O acordo, subscrito polos presidentes de BMW e PSA, Norbert Reithofer e Philippe Varin, respectivamente, comprende o desenvolvemento e a produción de compoñentes para vehículos híbridos. Os dous socios fabricarán e comprarán compoñentes de forma conxunta, co fin de xerar economías de escala.
Está previsto que a 'joint venture' inicie a súa actividade no segundo trimestre de 2011, unha vez recibida a aprobación correspondente por parte das autoridades de competencia. Os compoñentes froito deste acordo comezarán a equipar os vehículos de ambas as dúas empresas en 2014.
A dirección da nova sociedade conxunta estará formada por empregados das dúas empresas, pero tamén se realizarán contratacións externas. O presidente será Wolfgang Güllich, responsable de Compras de BMW, mentres que o director xeral será Jean Leflour, director de Visión de Cliente e de Programación de Calidade de PSA.
O máximo responsable da multinacional alemá, Norbert Reithofer, indicou que a cooperación permitirá xerar economías de escala no ámbito de electrificación de vehículos. O seu homólogo en PSA, Philippe Varin, asegurou que naceu un líder europeo en innovación do automóbil híbrido.
BMW e PSA manteñen un acordo de colaboración para a produción de motores de gasolina dende hai anos. Así, entre 2006 e 2010 fabricaron 1,8 millóns de motores. En febreiro do pasado ano, os dous socios comprometéronse a desenvolver unha nova xeración de propulsores de gasolina de catro cilindros destinados ás marcas Mini, Peugeot e Citroën
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)