A CIG mantén que o naval 'non poderá acceder a novos contratos' mentres non estea a alternativa ao tax lease
A CIG afirmou este venres que o naval 'non poderá acceder a novos contratos ata que non conte cun sistema de bonificación fiscal alternativo ao tax lease' e considera os últimos anuncios
A CIG afirmou este venres que o naval 'non poderá acceder a novos contratos ata que non conte cun sistema de bonificación fiscal alternativo ao tax lease' e considera os últimos anuncios realizados pola Xunta como un 'intento de desmolibizar ao sector'. Nun comunicado, o secretario nacional do naval da central nacionalista, César Rodríguez, alude ao principio de acordo anunciado polo presidente da Xunta para que estaleiros galegos poidan construír buques para a petroleira mexicana Pemex e, nese sentido, reclámalle 'que deixe de intoxicar á opinión pública'.
Así, mantén que 'non é posible acceder a novas contratacións' ata que os estaleiros non conten cun novo sistema que substitúa ao 'tax lease' e recordou que o comisario europeo da Competencia recoñeceu, a través dunha resposta á deputada europea do BNG, que 'aínda non existe unha proposta de tax lease' por parte de España.
De igual modo, asegura que a Xunta 'respondeu negativamente' a unha pregunta feita no Parlamento galego polo BNG sobre 'a consecución de avais para Pymar que permitisen obter financiamento para a construción naval'.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (5)
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (4) sin categoría
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (3) sin tag
Una noti en gallego (2)
Una noti en gallego (2)